La versión de su navegador no está debidamente actualizada. Le recomendamos actualizarla a la versión más reciente.

Introdución

Este proxecto de traballo xorde ante a inminente necesidade de dotar de recursos dixitais ao profesorado que imparte docencia nas aulas ABALAR. Como sabemos, o noso alumado pertence ao que podemos denominar como era dixital, algo que tamén se fai palpable ao comprobar a proliferación de normativas e leis que así o indican, como pode ser a inclusión da competencia dixital nos currículos da educación obrigatoria da LOE.

A Consellería de Educación, nun intento de mellorar a calidade do ensino galego, está realizando diversas actuacións co obxectivo de maximizar e optimizar os recursos interactivos. Como elemento fundamental do novo modelo educativo que expón o Proxecto ABALAR, preténdese dotar ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa, de contidos e recursos educativos dixitais desde diferentes eixos:

  • Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances tecnolóxicos na educación.
  • Aproveitando as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados, pondo en valor todo o traballo e coñecemento do profesorado galego.
  • Fomentando o espírito colaborador e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.
  • Pondo en marcha un repositorio de información que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia, tanto públicos como privados, e totalmente integrados no espazo ABALAR.

Esta proposta leva á xunta os principios deste novo modelo educativo dixital e os valores do plurilingüismo, ofertando a posibilidade de abordar a materia de coñecemento do medio desde unha perspectiva global, interactiva e bilingüe.