La versión de su navegador no está debidamente actualizada. Le recomendamos actualizarla a la versión más reciente.

Estruturación

Neste proxecto de traballo abordaranse un total de 15 unidades didácticas, integrando os contidos das editoriais máis relevantes presentes nos centro de ensino de Galicia, tendo como referente, en todo momento, a LOE e o currículo de educación primaria vixente en Galicia. As actividades propostas para estas unidades didácticas abranguerán unha diversidade maior que o contido xeral dunha que poida ser desenvolvida para unha temporalización habitual, co propósito de adaptarse ás necesidades particulares de cada centro de ensino en función da súa programación de aula.

Cada unidade didáctica contará cun total de catro ou cinco libros LIM coa seguinte estruturación:

  • Libro de actividades en lingua galega con non menos de 25 actividades para traballar a contido da materia en cuestión.
  • Libro de actividades de avaliación en lingua galega, para comprobar se se cumpriron os obxectivos previstos. Estes libros contarán con 20 actividades.
  • Libro de actividades en lingua inglesa con non menos de 25 actividades.
  • Libro de actividades de avaliación en lingua inglesa, que contarán cun total de 20 actividades.
  • Nalgunhas unidades didácticas, a maiores, confeccionarase un libro de proposta de WebQuest, MiniQuest ou cazas do tesouro, para abordar desde outra perspectiva unidades didácticas que xa de por si chaman a atención ao alumando. No exemplo achegado preséntase unha WebQuest sobre os animais.

No entorno creado para acceder a estes contidos LIM, os libros aparecerán divididos na barra de navegación principal en función da lingua empregada en cada caso (ver menú principal).